Os Premios da Crítica na Gala dos Premios AELG 2013

«Os 425 socios e socias da AELG xa escolleron os finalistas aos premios á mellor obra publicada no 2012 nas modalidades de ensaio, poesía, narrativa, tradución, teatro, blog literario, literatura infanto-xuvenil e traxectoria xornalística. Nestes dous últimos casos tamén participaron na elección os asociados de Gálix e os membros do Colexio de Xornalistas respectivamente.
As obras gañadoras daranse a coñecer na Gala das Letras, un dos actos máis importantes na vida da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, que comezará ás 20.00 do vindeiro sábado 4 de maio no Auditorio do Centro Ágora da Coruña […].

Tamén se recoñecerán os Premios da Crítica Galega nas categorías de Narrativa e Poesía (Begoña Caamaño, por Morgana en Esmelle e Manuel Álvarez Torneiro por Os ángulos da brasa) […]».

Xantar de confraternidade

Prezad@s soci@s,

Este xoves 27 reunímonos en Santiago de Compostela 13 membros da sección de crítica na comida anual de confraternidade.

Fomos chegando as dúas da tarde e puntualmente empezamos o xantar. Nel tivemos ocasión de falar de temas que nos preocupan, especialmente da perda progresiva de espazos onde publicar os nosos traballos críticos. Non faltaron opinións sobre o pulo dos blogs de crítica, grazas aos cales se visibiliza a literatura galega máis alá do papel.

Queremos agradecer @s asistentes o tempo e as inquedanzas que compartiron connosco. E a todos vos desexamos bo nadal e feliz 2013.

Asdo: Laura Caveiro, e nome tamén de Xosé M. Eyré e Inma López Silva, con quen teño a sorte de compartir as tarefas da Sección.

II Xornada da Crítica

A crítica e a Literatura Infantil e Xuvenil
22 de outubro de 2010

10.30 Inauguración
•Ramón Villares, Presidente do Consello da Cultura Galega
•Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidente da AELG
•Un membro da Comisión Executiva da Sección de Crítica Literaria Galega.

11.00 Conferencia: A crítica literaria académica da Literatura Infantil e Xuvenil galega
•Isabel Mociño González (Universidade de Santiago)
Presenta: Isabel Soto López (Universidade de Santiago)

12.30 Conferencia: A crítica do libro infantil e xuvenil na prensa
•Xosé Manuel Eyré (Comisión Executiva da sección de Crítica Literaria Galega)
Presenta: Eulalia Agrelo Costas (Universidade de Santiago)

16.45: Mesa Redonda
A Literatura Infantil e Xuvenil na crítica literaria ibérica
•Caterina Valriu (Universidade das Illas Baleares)
•Mari Jose Olaziregui (Universidade do País Vasco)
•Mª Victoria Sotomayor (Universidade Autónoma de Madrid)
•José António Gómes (Escola Superior de Educação do Instituto Politécnico do Porto)
Moderadora: Blanca-Ana Roig Rechou (Universidade de Santiago)

18.15: Debate entre todos os asistentes
Presenza e ausencia da crítica literaria sobre a Literatura Infantil e Xuvenil
Moderadoras:
Mar Fernández Vázquez (Universidade de Santiago)
Ana Margarida Ramos (Universidade de Aveiro)

Asociación de Escritores en Lingua Galega, coa colaboración do Consello da Cultura Galega. Compostela, 2010.