::Crítica literaria:: http://criticaaelg.blogaliza.org Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega Sun, 21 Dec 2014 15:37:22 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.8.1 Sobrevivir nun mundo postapocalíptico http://criticaaelg.blogaliza.org/2013/11/25/sobrevivir-nun-mundo-postapocaliptico/ Sun, 24 Nov 2013 22:01:59 +0000 http://criticaaelg.blogaliza.org/?p=565 Sigue lendo ]]>    Semella afortunada a definición que desta novela se fai na presentación editorial: “Novela de límites, de cuestións definitivas, da man dun autor que concibe a literatura como laboratorio de experimentación artística e discurso indagatorio no bosque do real”. Préstolle especial atención ás dúas últimas liñas porque me lembran o intento de caracterización da súa propia narrativa que Manuel Darriba facía hai unha ducia de anos: “Como dicía Stendahl, a literatura é poñer o espello á beira do camiño. Os temas máis recorrentes na miña obra son a idea de soidade, incomunicación, do azar…”. Estas palabras servían para precisar moitos trazos da novela do autor Velada do billarista  (Sotelo Blanco, ano 2000) e delimitan non poucos aspectos, sobre todo técnicos, da súa máis recente achega no eido narrativo: O bosque é grande e profundo. De novo unha novela de relatos, incrustada de cheo nos mundos utópicos e apocalípticos, tan frecuentados, sobre todo a literatura apocalíptica, nos últimos tempos, tanto dentro como fóra das nosas fronteiras.

   O xénero apocalíptico, tanto o bíblico que se estendeu durante catro séculos (dous antes e dous despois de Cristo), como o da actual narrativa é un fenómeno literario propio das épocas de crise que mira nomeadamente ao futuro, xa que tanto o pasado como o presente só ofrecen desconfianza. Endalí a relación entre utopía e apocalipse. Mais, como o lector non descoñece, ao lado das utopías positivas, existen as negativas, as distopías ou antiutopías, adiantamentos da historia facendo fincapé nos aspectos negativos derivados de catástrofes ou puntos débiles do tempo presente. As sociedades distópicas son escenarios onde se desenvolve a historia máis negativa. E nestes escenarios estarían todas as tramas apocalíticas ou, dito con máis precisión, postapocalípticas […]. {Ler máis en Novenoites}

]]>
O asasinato do Cantino: os seus autores intelectuais http://criticaaelg.blogaliza.org/2013/11/24/o-asasinato-do-cantino-os-seus-autores-intelectuais/ Sun, 24 Nov 2013 13:50:51 +0000 http://criticaaelg.blogaliza.org/?p=564 Sigue lendo ]]>    Malia que nunca tivo nada que ver coa política, Manuel Mayán Ramos, coñecido como o Cantino, foi executado o 10 de outubro de 1936, acusado de rebelión  militar. Tiña  daquela vinte e seis anos e segundo Xerardo Agrafoxo, o historiador que reconstrúe a súa dramática historia, matárono por se atopar nos primeiros días do alzamento militar contra o goberno da República no lugar equivocado.

   A personalidade de Ramón Mayán Ramos parécese moi pouco á versión que co nome de Dombodán nos ofreceu no seu día Manuel Rivas en O lapis do carpinteiro: un rapaz retrasado e de poucas luces. Segundo a documentación que manexou X. Agrafoxo, o Cantino era unha persoa humilde que traballaba como camareiro, mais espelido, que defendeu o réxime constitucional e ao día seguinte do alzamento militar foi capaz de subir a un camión para requisar peixe en Muros, cargar os camións dos mineiros de San Finx con dinamita e escopetas. Logo estivo fuxido durante uns días ata que viñeron por el.

   Xerardo Agrafoxo levaba desde o ano 1982 investigando a figura de o Cantino e as circunstancias que provocaron o seu fusilamento no cemiterio de Boisaca. Mais non atopou a resposta a pregunta de quen o denunciou e de quen o acusou diante do tribunal militar ata que tivo aceso nos arquivos militares á causa 294/36, un sumario completo no que aparecen os nomes das persoas que o acusaron  o Cantino duns actos que non cometeu  e polo que perdeu a vida nun abraiante acontecemento. Xerardo Agrafoxo, coa afouteza que merecen os inxustamente inmolados na represión e crimes contra a humanidade cometidos en Galicia durante a Guerra Civil, non agacha os nomes dos que participaron na condena a morte do Cantino: membros do consello de Guerra e testemuñas sobre todo […]. {Ler máis en Novenoites}

]]>
De Herberto Helder, demónio inocente, a Ramiro Torres, apaixonado vidente http://criticaaelg.blogaliza.org/2013/10/18/de-herberto-helder-demonio-inocente-a-ramiro-torres-apaixonado-vidente/ Thu, 17 Oct 2013 22:01:18 +0000 http://criticaaelg.blogaliza.org/?p=562 Sigue lendo ]]> […] Ramiro Torres, de quarenta anos, apresentou uns meses antes que o velhote [Herberto Helder, ver artigo completo] o seu primeiro poemário, Esplendor arcano. Um livro editado pelo Grupo Surrealista Galego, de que ele mesmo faz parte, e uma publicação a que o autor se viu impelido pelo resto do grupo, farto de sofrer a falta de egocentrismo do Ramiro, uma atitude sem dúvida virtuosa mas que convertia a natural vaidade dos companheiros em uma experiência dilacerante.

No livro, são os arcanos da existência que são perscrutados pelo poeta. A poesia penetra na fase saturnal onde o corpo se revela em todo o seu esplendor, a mostrar um seu fresquio natural ao tempo que a “harmonia transversal que trespassa o caos”. Em consonância, o estilo oferece constantes contrastes térmicos, cromáticos, tácteis, substanciais… Da matéria excitada surge o mundo espiritual, como sublimação de aquela.

O discurso ilumina-se com descrições a modo de summa de epifanias sapienciais, de catálogo de eventos gnósticos, de compêndio de casos em que a sabedoria, como vulcão, cospe matéria iluminada, vestígios de Verdade. É Esplendor arcano, em definitivo uma meditação sobre a vida, e esta apenas um sonho acesso, flamejante quando percebemos a natureza sacra do nosso ateísmo. Porque somos um vestígio do nosso futuro, e do mesmo modo que há uma árvore dentro de uma semente também há um ser harmônico dentro de nós; desse futuro, quando inspirados pela escritura ou a leitura,  ligamos para nós próprios mercê à poesia: “Somos espuma de / uma idade vindoura” (p. 23). O arcano é, afinal, a fórmula do imanente, uma verdade que havemos de abstrair, compilar e interpretar enquanto não deixamos de apanhar as sujas pedras do caminho, ruínas do que seremos se cumprirmos o destino.

Vejamos agora um verso do poeta para ilustrar de novo a potência da metáfora: “Vulva da ciência órfica”. De que se trata, de uma visão carnal, científica ou esotérica? Sem dúvida das três em uma sorte de harmonia forçada, como uma imagem que se dispersa em três direções e ao tempo se alimenta de três mundos: o orfismo traz para a mesa o mistério, a ciência propõe o método e a vulva implica a matriz universal. Mais uma vez o poeta se contradiz, e na contradição, como uma pinga de chuva pinta no céu gris um abano colorido.

Esplendor arcano é também uma obra esgotada, ainda que se podam sempre achar exemplares novamente impressos a pedido dos mais perspicazes. São vários centos de livros os vendidos apesar da muito escassa presença em livrarias. Poesia que vende, sem vontade comercial. Porque este poeta também não faz literatura, embora se poda servir dela, como todo o mundo, se for preciso. {Ler máis en O levantador de minas}

Alfredo Ferreiro

]]>
Realidade e humor. Reconstruíndo o pasado recente http://criticaaelg.blogaliza.org/2013/10/17/realidade-e-humor-reconstruindo-o-pasado-recente/ Thu, 17 Oct 2013 18:01:05 +0000 http://criticaaelg.blogaliza.org/?p=559 Sigue lendo ]]> A novela que Manuel Veiga (Monforte, 1960) vén de publicar en Xerais, ten un título que combina a ironía e a suxestión que atoparemos nas súas páxinas. Para os lectores que seguimos dende hai anos a versátil traxectoria deste escritor, este é un grato chanzo máis dunha escrita de seu, que flúe sempre persoal e que non atopamos todo o recoñecida que merece.

Que nos agarda neste novo chanzo baixo o título d´Os xornalistas utópicos? A historia máis recente, dende as primeiras eleccións de 1977 ata o comezo da crise no 2008. E no estilístico, diferentes mudanzas na narración que achegan variedade de ritmo, de ton e de perspectiva. Todo harmonizado e cohesionado por un personaxe, o xornalista Obdulio Somoza, e polo humor que arreo se espalla.

Iniciamos a lectura cun aire de proximidade, o dun diario ou caderno de notas. Reflexións sobre o propio proceso desa mesma escrita. Metaliteratura, Vila-Matas incluido… e tamén un debullar en Hemingway, Fleur Jaeggy, ou Javier Marías. E a seguir pasamos a unha ficción con xeitos de autobiografía, onde o narrador toma distancia, en terceira persoa e en pasado. Marcados fican os puntos de inflexión: a viaxe a Madrid con dezasete anos para estudar xornalismo, as primeiras eleccións de 1977, as inquedanzas políticas na Transición. Reflectir esa época é un dos maiores méritos da novela: un pasado reinterpretado coa viveza dunha reportaxe xornalística fiel. Tamén atina literariamente o interese sociolóxico dos microrrelatos que conforman “política en tres tempos”, ou o multiperspectivismo das testemuñas no “tribunal dos coétaneos”, que non son senón os secundarios declarando, coma nun documental, sobre Somoza.

Avanzando os días, chegamos ata a redacción do periódico onde traballa o protagonista. Realidade e ficción entretecidas nos conflitos, que prenden o interese, mentres con expresividade caracterízase os secundarios. Imposible esquecer a declaración de principios, como un editorial: “Polo demais, no noso propio periódico sempre fomos bastante raros. Un pequeno gueto no que se adoraba a Lenin, a Noam Chomsky e a Vicente Risco por igual. Non podía resultar estraño que vendésemos tan poucos exemplares, pero estabamos orgullosos da nosa diferenza”.

Laura Caveiro. Publicado no suplemento de Faro da Cultura (Faro de Vigo, 3/10/2013)

]]>
Memoria xeracional desde os días da Transición http://criticaaelg.blogaliza.org/2013/10/10/memoria-xeracional-desde-os-dias-da-transicion/ Wed, 09 Oct 2013 22:02:43 +0000 http://criticaaelg.blogaliza.org/?p=556 Sigue lendo ]]> Manuel Veiga foi e segue a ser un defensor da novela de autor, un autor, no seu caso, comprometido coa realidade e coa historia, sobre todo da segunda metade do século XX. Un monllo de pezas literarias -narrativa e ensaio- acompañan a súa traxectoria literaria desde que no ano 1998 debutase con As ruínas da cidade amada. Virían despois outras pezas de ficción como O exiliado e a primavera (Premio Xerais 2004) ou Lois e Helena buscándose nun día de tormenta (Premio García Barros 2006). Achéganos arestora Os xornalistas utópicos, un banzo máis na súa obra, aínda que sen perder ese horizonte memorialístico, neste caso non o da historia dos vellos galeguistas, dos que fixeron a Guerra Civil e dos exiliados, senón da xeración que se fixo adulta nos anos da Transición.

Un fresco de vidas, coas súas persoais historias, ás que lles tocou vivir nos últimos trinta anos a partir de 1977. Porque Manuel Veiga viviu a Transición en plena mocidade e na presente novela dá testemuño da súa xeración, no contexto daquela léveda de ilusións, proxectos e utopías, olladas desde o altor do paso dos anos, case que corenta anos despois.

A novela centra a súa substancia no protagonismo e nas vivencias da xente común; nun xornalista, alter ego do autor, que dirixe un pequeno xornal galeguista e de esquerdas e que, en primeira persoa, á altura do ano 2007, narra os atrancos e dificultades que ten que superar un medio das súas características no fragor da loita pola supervivencia dos medios no noso tempo. Esta primeira parte da novela permítenos ollar as vivencias, case que o día a día, dun xornalista galeguista e de esquerdas desde a Transición ata hoxe. Mais, como o mesmo autor ten sinalado, non é esta unha novela sobre o xornalismo, senón desde o xornalismo […]. {Ler máis en Novenoites}

]]>
Friso de destrucións e derrotas http://criticaaelg.blogaliza.org/2013/10/09/friso-de-destrucions-e-derrotas/ Tue, 08 Oct 2013 22:01:25 +0000 http://criticaaelg.blogaliza.org/?p=554 Sigue lendo ]]> Alberto Ramos sabe de satisfaccións e contentamentos por conseguir premios literarios. Tres libros de seu, malia a súa xuventude, e os tres galardoados. Pero tamén sabe, porque o viviu en carne propia, das angustias, mágoas e traxedias dun despedimento laboral, iso que a terminoloxía burocrática e oficial, que forma parte do noso vivir cotián, chama eufemisticamente un ERE de extinción. E desa sensación de desespero, culpabilidade, depresións e alienación trata esta novela, como salientou o xurado que lle outorgou o Premio Risco de Creación Literaria o pasado ano. O paralelismo, xa logo, entre a situación persoal e a do protagonista de Todos os días semella indubidable e non só circunstancial. O mesmo autor recoñece que na novela hai elementos biográficos. Con todo, a historia de Todos os días transcende as continxencias e circunstancias biográficas e retrata de xeito moi acaído as sensacións e os pensamentos que necesariamente se incuban e acaban por estourar en calquera das moitas persoas que están a pasar por semellante situación traumática: un infranqueable muro do baleiro, da desolacións diante dos ollos e a todas as horas do día. Un valado sen portas nin fiestras e que hoxe ten un nome tan cotián e repetido.

Mais este libro é unha novela, estamos, xaora, no terreo da ficción, esa ficción que o aproveita todo e non pode deixar de lado as pavorosas complexidades do momento presente e esa inmensa balloada de “cadaleitos” que está a deixar a crise económica, laboral e con todos os apelativos que se lles queira engadir. Todos os días é unha das primeiras novelas que retratan as causas e os efectos desa crise maligna, convertida en despedimento, nunha persoa: a alienación, a morte por dentro.

A materia que alimenta estas páxinas é unha das tantas “semanas negras” dun mozo xornalista de vinte e sete anos, doces meses despois de que o xornal no que traballaba, pechase por un ERE de extinción. O autor, comezando por un título moi apropiado, capta a ruindade e perversión do presente, sen elisións nin escamoteos, O protagonista no ten nada que facer, dálle igual que sexa un día ou outro. Todo é inhóspito, triste, unha aliaxe de desacougos, baleiro, ata o punto de que a cama é o seu único aliado. Nela pasa mañás e moitas tardes de comatoso, para roubarlle horas ao tempo, a eses días que son todos iguais. Ninguén o chama para unha entrevista de traballos, non ten en que ocupar as horas. Os problemas familiares e os consellos do amigo, a voz crítica da súa conciencia, soamente acentúan a sensación de baleiro […]. {Ler máis en Novenoites}

]]>
Álvaro Cunqueiro, xornalista http://criticaaelg.blogaliza.org/2013/10/08/alvaro-cunqueiro-xornalista/ Mon, 07 Oct 2013 22:01:39 +0000 http://criticaaelg.blogaliza.org/?p=550 Sigue lendo ]]> “Préstolle hoxe a prometida atención a este volume de Editorial Galaxia, que fai o número once da “Biblioteca Álvaro Cunqueiro” e que nos achega unha boa parte da obra xornalística dese Señor das maxias e das palabras que foi o autor de Merlín e familia. Neste primeiro volume da obra de Álvaro Cunqueiro no seu labor como xornalista, os editores, Xosé-Henrique Costas e Iago Castro Buerger recollen os artigos en lingua galega que Cunqueiro publicou en xornais e revistas desde 1930 a 1980. Por constituíren un corpus completo, non aparecen neste volume as columnas que Cunqueiro publicou no Faro de Vigo, dos que poderemos gorentar nunha futura entrega..

   A presente compilación preséntanos os artigos de Cunqueiro agrupados por publicacións nas que o escritor de Mondoñedo colaborou entre esas datas de referencia ás que antes fixen mención: Vallibria (1930), Galiza (1931-1933), Yunque ( 1931-1932) A Nosa Terra (1933-1935), El Pueblo Gallego (1934-1936), Nós (1934), La Noche (1948-1949), Alborada (1954), Vida Gallega (1956, 1962), Galicia Emigrante (1957-1958), Grial (1966-1980), Ronsel (1975), Nordés (1976).

   Cincuenta anos de xornalismo, de columnas de opinión nun xornal de tiraxe diaria ou artigos culturais, escritos con máis fondura ensaística para revistas como Grial, Ronsel ou Nordés. Xornalismo de opinión ou cultural alicerzado en raiceiras literarias e que tamén forma parte dese senlleiro macrotexto composto pola obra poética, narrativa, dramática, xornalística e tradutora de Cunqueiro. O lugar central que as tres primeiras facetas  de Cunqueiro escritor ocupan na literatura galega, propenden a facernos esquecer as outras dúas actividades literarias, precisamente aquelas que exerceu durante máis tempo e dedicación.

   O presente volume pretende, xa que logo, saldar a débeda que a literatura galega ten con Cunqueiro xornalista en galego, xa que a súa produción no mesmo xénero en español atópase recollida desde hai anos en varias edicións […].” {Ler máis en Novenoites}

]]>
Debullando as vidas dunha existencia http://criticaaelg.blogaliza.org/2013/10/04/548/ Thu, 03 Oct 2013 22:01:39 +0000 http://criticaaelg.blogaliza.org/?p=548 Sigue lendo ]]> “As súas vidas, como el lles chamaba, tíñanlle certa semellanza co contido das caixas de zapatos, esa atrapallada miscelánea e confusa morea de papeis na que era tan difícil atopar algo, un fío condutor” (páxina 250). E así, ao chou, sen fío condutor, é como o avó lle conta as súas vidas a súa neta. Son Casiano e Aldara, os dous grandes protagonistas desta novela coa que Xabier Paz regresa aos mundos ficcionais, despois do seu debut, hai agora cinco anos, con aquel fresco renacentista, o acareo e a confrontación co renacentista italiano, Pietro Aretino, no xurdimento dun mundo novo. Mais agora, tanto o espazo novelesco como a trama nada teñen que ver coa efervescencia daquel mundo cambiante, senón cun retrato confesional no que un avó, Casiano, lle conta a súa neta as súas vidas, as vidas que imos acumulando ao longo de nosa existencia. Vidas poliédricas que lle permiten ao narrador achegarnos unha reflexión moi completa sobre a natureza humana a través da experiencia dun home que tivo un lento medrar.

Agora, nunha senectude prolongada en precario nunha residencia, confésalle a súa neta que tivo moitas vidas, O estímulo das visitas que a neta lle fai, empúrrao a contarlle a súa experiencia vital -as súas vidas-, sen convertela nun conto trivial. Debulla así este home as lembranzas dunha existencia condicionada por un medrar vagaroso, que o puña en desvantaxe fronte aos rapaces da súa idade. É a primeira vida de Nito /Casiano na que todo foron desasosegos e desventuras. Entran nela, por exemplo, os libros, nesa lingua que garda misteriosamente dentro de si varios idiomas, a literatura que é capaz de ir desvelándoos. E coa literatura empeza a soñar esperto, a viaxar da man dos autores.

Vidas que se compoñen de miles de detalles. Uns transcendentes como a descuberta do amor, do sexo, os misterios do corpo, o activismo político, o sentido da morte, a desfeita (unha transnominación do fracaso paternal), o desencanto da Transición, o sentido do paso dos anos, da ancianidade e da morte. Outras, porén, intranscendentes, como a preparación do bacallau e moitos outros saberes extraescolares que aprende da súa nai […]. {Ler máis en Novenoites}

]]>
Gran tiburón branco, de Samuel Solleiro http://criticaaelg.blogaliza.org/2013/06/24/gran-tiburon-branco-de-samuel-solleiro/ Sun, 23 Jun 2013 22:01:09 +0000 http://criticaaelg.blogaliza.org/?p=546 Sigue lendo ]]> Esta obra está composta por un conxunto heteroxéneo de relatos que hai que celebrar. En primeiro polo desenfado, case descaro, con que están escritos, o que permite desfrutar dunha lectura divertida que se consome moito antes do que un quixera. En segundo, porque nos ofrece un marco humorístico moi sutil, como unha elegante piscadela en que o sexo e os misterios máis banais da vida se fan pasar por experiencias transcendentais, o que, paradoxalmente, non está tan lonxe da realidade se admitimos que a profundidade do sentido da vida é menos algo obxectivo do que unha perspectiva persoal. En terceiro, porque a aparente simplicidade da lingua literaria, que estilisticamente case pasa desapercibida, así como a trivialidade da maioría dos acontecementos argumentais, fan unha masa sólida e no entanto lixeira que sen dúbida denota unha mestría no oficio narrativo. Samuel Solleiro semella que coñece ben que e como pretende escribir, e iso indica unha personalidade na escrita e un punto de vista persoal na creación de mundos posíbeis, características que sen dúbida definen a consolidación dunha obra literaria.

Como nota final temos que advertir que, aínda que semellan todos os relatos inéditos, o titulado Caída de Abraham Rosenblath foi xa publicado en 2011 no volume De eirugas a bolboretas, que recolle seis dos relatos premiados no Certame de Narracións Breves “Manuel Murguía” de Arteixo.

Alfredo Ferreiro {O levantador de minas}

]]>
Montse Pena Presas fala do XXVIII Premio Merlín de Literatura Infantil http://criticaaelg.blogaliza.org/2013/06/21/montse-pena-presas-fala-do-xxviii-premio-merlin-de-literatura-infantil/ Thu, 20 Jun 2013 22:01:15 +0000 http://criticaaelg.blogaliza.org/?p=544

]]>
Ramón Nicolás: “Deberíase impulsar a presenza dos críticos nos ámbitos de decisión sobre a literatura” http://criticaaelg.blogaliza.org/2013/06/20/ramon-nicolas-deberiase-impulsar-a-presenza-dos-criticos-nos-ambitos-de-decision-sobre-a-literatura/ Wed, 19 Jun 2013 22:01:59 +0000 http://criticaaelg.blogaliza.org/?p=543

]]>
Dolores Vilavedra: “A crítica debe manter unha certa distancia hixiénica a respecto das institucións” http://criticaaelg.blogaliza.org/2013/06/19/dolores-vilavedra-a-critica-debe-manter-unha-certa-distancia-hixienica-a-respecto-das-institucions/ Wed, 19 Jun 2013 16:27:31 +0000 http://criticaaelg.blogaliza.org/?p=542

]]>
Acta dos Premios da Asociación Española de Críticos Literarios http://criticaaelg.blogaliza.org/2013/06/15/acta-dos-premios-da-asociacion-espanola-de-criticos-literarios/ Sat, 15 Jun 2013 19:41:19 +0000 http://criticaaelg.blogaliza.org/?p=539

]]>
Oportuna cartografía dos feminismos http://criticaaelg.blogaliza.org/2013/06/06/oportuna-cartografia-dos-feminismos/ Wed, 05 Jun 2013 22:01:37 +0000 http://criticaaelg.blogaliza.org/?p=533 Sigue lendo ]]> “O feminismo aconteceu cando as mulleres aprenderon a dicir EU”, escribiu Gayle Greene. E este aprender a dicir EU, noutras palabras, o feminismo como conxunto de reivindicacións artelladas sobre una alicerce teórico, aparece por primeira vez -e como un froito mái da mesma- durante a Ilustración. Nun momento no que parecía que agromaban e se facían realidade os ideais ilustrados e da Revolución francesa (“liberdade, igualdade, fraternidade”), algunhas mulleres tiveron a coraxe de facer uso da política para reclamar os seus dereitos nesa sociedade dos iguais. Aínda que houbo precursoras tanto na antigüidade (Grecia, Roma), como na Idade Media e no Renacemento, como acertadamente se recolle neste libro enciclopédico, realmente foron mulleres aleitadas nos ideais da Revolución francesa -pensemos por exemplo en Olympia de Gougues ou Mary  Wollstonecraft- as que puxeron en valor as teorías e as prácticas feministas.

De todo iso, das orixes e expansión dos feminismos polo mundo enteiro e nos diversos territorios da actividade humana, é unha excelente mostra este libro escrito a catro mans por Olga Castro e María Reimóndez. Con espírito á vez enciclopédico, totalizador e divulgativo, as autoras achégannos un cobizoso proxecto: dar conta “dos feminismos na xeografía e na historia”, como escribe a prologuista, Belén Martín Lucas. Todo aquilo que pode resultar relevante para podermos ter unha idea cabal dos feminismos está presente nesta publicación […]. {Ler máis en Novenoites}

]]>
Reto do seu puño e letra http://criticaaelg.blogaliza.org/2013/06/05/reto-do-seu-puno-e-letra/ Wed, 05 Jun 2013 15:14:56 +0000 http://criticaaelg.blogaliza.org/?p=529 Sigue lendo ]]> Adiantan no limiar Helena González e María do Cebreiro Rábade, editoras deste libro, cal sería a esencia de “Canon y subversión. La obra narrativa de Rosalía de Castro”: convidar á relectura dunha obra cuxa complexidade resulta un reto. Se un certo desconcerto semellou acompañar a recepción crítica da prosa de Rosalía de Castro, con loables excepcións entre as que se atopa Pilar García Negro, serán estas páxinas as que nos conviden a reler a novelística de Rosalía no seu conxunto, poñendo a atención no seus trazos de pioneira do feminismo literario.

Sequera de xeito sintético, e seguindo as verbas das editoras, e tamén colaboradoras, non podemos deixar de mencionar as aportacións das nove especialistas que participan nesta obra. Catherine Davies abre o libro cun capítulo panorámico sobre a producción rosaliana; Dolores Vilavedra analiza algunhas das tensións autoriais que se establecen a consecuencia dos procesos de canonización; Joana Masó fálanos sobre as declinacións da autoría na obra rosaliana, sobre que é unha autora para Rosalía; María do Cebreiro Rábade analiza o mito do progreso no proxecto cultural rosaliano; Margarita García Candeira céntrase en “La hija del mar”: a singular poética do deserto e a utopía; Helena Miguélez Carballeira afonda na crítica social e política de “El caballero de las botas azules” entendida como texto antisistema; María Xesús Lama estuda a cuestión da musa andróxina e o cabaleiro das botas azuis como defensa da rexeneración; Isabel Clúa adéntrase nos novos espazos do gótico en “El caballero de las botas azules” e, seguindo os rastros do gótico, Helena González achégase a “El primer loco” como novela fantástica coas conexións intertextuais con outros autores dese xénero que influiron en Rosalía.

Dende a mesmísima portada, na que vemos un manuscrito de Rosalía, esas palabras do seu puño e letra!… ata rematar a lectura deste volume de ensaios, mergullámonos no desafío que é achegarse, dende un crisol de sensibilidades, a unha narrativa incómoda, que habita na excepcionalidade e na vindicación. Literatura que conxuga crítica social e política, vindicación total, coa crítica aos modelos literarios do seu tempo, con máis vindicación e máis sarcasmo canto máis rancios eles fosen. Sedutor reto, abofé.

Laura Caveiro (Publicado no suplemento “Faro da cultura” do Faro de Vigo o 17 de maio de 2013)

]]>